18 de abril de 2016

Lecturas.


Saber acabar las cosas, dejar de perder el tiempo intentando ser lo que no somos. Ser capaz de abandonar un proyecto si no nos satisface; dejar un libro a medio leer si lo único que nos mueve a continuar es la necesidad casi obsesiva de acabar las novelas que comenzamos.
No esforzarnos por mantener el contacto con aquellos que no desean estar en contacto con nosotros. Aceptar que fracasan las amistades y los amores, que podemos fracasar como padres o como hijos sin que ello signifique que somos personas fracasadas. Atrevernos a decir que merecíamos algo más de algunos y que otros merecieron también algo más de nosotros.
No apegarse al pasado, no intentar que lo que funcionaba antes siga funcionando ahora. Admitir que cambiamos, que buscamos otras experiencias y que necesitamos otros afectos y otras atenciones. Las viejas compañías pueden no querer acompañarnos, y no pasa nada. Lo que antes nos entusiasmaba puede no motivarnos, y no pasa nada.
Abrir las ventanas y que entre el aire fresco. Abrir las puertas y que entren nuevas personas en nuestra vida. Que nuestra casa sea acogedora para el que quiera venir, y saber ser agradecido cuando nos inviten a entrar en el hogar de los otros.
Quemar las cartas que nunca fueron enviadas y las fotografías de los que ya nos olvidaron. Deshacernos de los libros viejos, de las pequeñas cosas que guardamos como recuerdos de otros tiempos que fueron peores, de los apuntes de esa carrera con la que nunca ganaremos el pan nuestro de cada día. Borrar todas las anotaciones para esas novelas que ya nunca escribiremos, eliminar todas las carpetas con relatos a medio empezar y antes de pensarlo dos veces vaciar la papelera de reciclaje. Quedarnos solamente con todo lo que nos queda por escribir.
Olvidar que una vez quisimos ser poetas y que siguiendo malos consejos nos enredamos en la prosa vil. Volver a anotar versos sueltos y darles forma hasta convertirlos en poemas, tal vez sonetos. Volver a buscar el sentido de la vida, recuperar nuestra parte espiritual, creer en un dios hecho a nuestra imagen y semejanza.
Hacer solamente lo que nos gusta y nos divierte, volver a jugar al WoW, ver capítulos de Expediente X como si fuera la primera vez, llegar tarde a los sitios para probar experiencias nuevas, quedarnos en casa si no tenemos ganas de salir o quedarnos en el bar si no queremos volver a casa.
Atrevernos a ser como queremos ser, y no como siempre fuimos o como los demás esperan que seamos. Escalar esa montaña, bañarnos en el mismo río veinte años después sin importarnos lo que diga Heráclito, volver a cantar las canciones de Radio Futura en la ducha, comprar palmeras de chocolate y no compartirlas con nadie.
Disfrutar, en definitiva, del tiempo y de la compañía sin importarnos demasiado que tal vez sea esta nuestra última primavera.


8 de abril de 2016

Comendo cereixas na eternidade.




Outro marzo que remata, e xa van cinco, dende que marchaches sen dicir adeus. Houbo choivas e temporais; houbo días azuis, viaxes e flores; houbo vida rebentando ao nacer, e bágoas, e sorrisos; houbo, en definitiva, o lento transcorrer das xornadas.
Outra primavera que chega, outro inverno que marchou deixando sementes de esperanza e traballo por facer. Van medrando os días e van medrando as ganas de conquistar o noso pan, de elevarnos sobre a fortuna que nos tocou no reparto de vidas e fortalecer os nosos ombreiros para que as nosas crianzas poidan ver alén do mar, máis alá das estrelas.
Sempre foi así, e ti ben o sabes. Sempre quixeron as humanas xentes buscar un futuro mellor para os seus, deixar un terreo e catro pesetas no peto polo que puidera acontecer. E darlles estudos, mesmo vender un monte para axudar a pagarlles a universidade.
E nestas andamos, Tía, criando o mellor que sabemos e dando un pouco máis do que podemos. Seguramente gostarías moito de velos xogar pola horta adiante, escoitar os razoamentos do cativo e asombrarte co temperamento rabudo da cativa. E eles estarían encantados ao verte untar o pan cunha culler para enchelo ben de nocilla. Quen sabe, se lle cadra algo de tí habita no seu interior, na carga xenética que vai facendo medrar os seus corpos e no elán vital que fai conformando o seu ser, esa realidade que aínda non podemos explicar pero na que centos de xeracións quixeron crer.
E nestes días nos que Sada aparece anegada penso nas nosas conversas no Venezuela ou no Rincón de Burgos, a túa estrañeza polos novos edificios que Monchito, o mozo dos recados da farmacia, estaba facendo nesas Brañas nas que sempre houbo auga. Sempre busca o seu sitio o auga, do mesmo modo que a primavera sempre trae a súa luz e a súa forza. Todo é cíclico, todo se repite e por iso, nestes días nos que intento desfacerme de tantas cousas, penso que dalgún modo estamos a compartir os mesmos soles e as mesmas choivas.
Xa non queda nada e sen embargo hai días nos que sinto que o tempo que pasamos xuntos existe nalgún lugar, que o amor e as palabras e o entendemento que tanto nos achegou non morreron. Eu, sempre tan obsesionado polo aproveitamento do tempo comezo a ter a certeza de que o único que vai quedando son os momentos nos que realmente nos sentimos unidos a alguén. Non importa o que fagamos, non importan as metas que academos ou os triunfos que consigamos. O que realmente nos elevará sobre a simple existencia son os instantes de verdadeira compañía do outro, esa sensación de proximidade e quentura que nos fai sentir plenamente instalados no presente.
Quero pensar que cando marchaches levabas os petos cheos deses momentos, e igual que pasabamos as tardes comendo cereixas agora pasaras as eternidades rememorando aqueles retrincos de tempo nos que tan ben estivemos.

Bicos, e até outro día.